Un pouco de historia

Hai xa máis de 30 anos xuntáronse nun banco do Paseo do Espolón de Padrón tres amigos: Eduardo, Tito e Paco. Os tres conversaban sobre o negocio que a muller de Paco, -Paquita- podía abrir en Padrón. Ocorréuselles que ese negocio podería ser unha tenda de deportes xa que eles, de rapaces, xogaran ao fútbol e incluso dirixiran un equipo local. Aquel día era un 2 de decembro de 1979. Acababa de nacer Deportes Diana. O nome xurdiu a partir da deusa romana da caza Diana.

Ao cabo duns anos ese pequeno comercio, despois de moita loita e sacrificio, converteuse nun negocio que continúa coa segunda xeración incorporando a dous fillos e mantendo a mesma calidade de produtos e o mesmo servizo de sempre. En setembro de 2010 Deportes Diana da un salto evolutivo e aparece Deportes Estornela, que toma o seu nome do popular xogo galego da estornela.

Hoxe, ofrecemos unhas instalacións de máis de 250 metros cadrados, unha gama de produtos ampliada, as mellores marcas en estilo deportivo, unha tenda cunha xestión moderna e uns prezos sen competencia.

Deportes Diana e Deportes Estornela non serían posibles sen a confianza e a fidelidade de todos os nosos clientes. A todos e a todas, grazas!